É unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas, onde a formación se comparte entre o centro educativo e as empresas nun contexto de actividade laboral real.
O alumnado percibe retribución polo traballo efectivo na empresa (en base ao salario mínimo interprofesional ou convenio colectivo).
Á vez que traballa na empresa, completa o desenvolvemento das súas competencias técnicas, obtendo unha titulación, un título de Formación Profesional regrada, relacionada coa actividade laboral que desenvolve na empresa na que realiza a formación práctica.
Son pezas crave no proceso xa que sen a súa implicación a formación no posto de traballo non sería posible, perdendo o contacto coa realidade laboral e sectorial. É importante que as empresas completen a formación así como a súa avaliación, designen titores cualificados e colaboren de forma permanente cos centros de formación.
Son o nexo de unión entre as empresas e os alumnos. O seu labor céntrase en interaccionar cos centros de traballo. Son diversas as figuras que interveñen nos procesos de deseño e desenvolvemento da aprendizaxe.
Ter dezaoito anos ou máis no ano natural en que comece o ciclo formativo.
Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para o poder efectuar.
Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
Se queres ter unha carreira profesional próspera, detente un momento e descobre todo os beneficios que obterás con esta formación de calidade.
A FP Dual proporcionarache unha maior experiencia en situacións de traballo real grazas á túa prolongada estancia na empresa. Ademais, gozarás dun seguimento personalizado da formación por parte dos titores do centro e das empresas.
Os alumnos que cursan con éxito a FP Dual teñen grandes posibilidades de acceder a un emprego na empresa onde se formaron. Apúntaste á Dual?