Free HTML5 Bootstrap

CS desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e fluídos

Se che encanta o debuxo técnico e poder facelo mediante ferramentas informáticas en 3D, axudar á creación de produtos, estruturas e instalacións tanto no sector da construción, a enxeñería e o naval, este é o ciclo formativo que encaixa contigo e unha aposta segura de futuro.

Plan formativo:

  • Sistemas eléctricos e automáticos.
  • Equipamentos e instalacións térmicas.
  • Procesos de montaxe de instalacións.
  • Representación gráfica de instalacións.
  • Enerxías renovables e eficiencia enerxética.
  • Configuración de instalacións de climatización, calefacción e AQS.
  • Configuración de instalacións frigoríficas.
  • Configuración de instalacións de fluídos.
  • Planificación da montaxe de instalacións.
  • Proxecto de instalacións térmicas e de fluídos.
  • Formación e orientación laboral.
  • Empresa e iniciativa emprendedora.

Que vou aprender a facer:

  • Desenvolver proxectos de enxeñería de sistemas de tubería e climatización en buques e plantas industriais.
  • Obter os datos de partida, en obra ou dun anteproxecto, identificando as características do buque, para elaborar a documentación técnica.
  • Deseñar sistémas de tubería e eléctricos nun entorno 3D integrado con todas aquelas disciplinas que configuran un buque.
  • Debuxar planos, esquemas, entre outros, a partir dos datos obtidos, cumprindo a normativa e requirimentos do cliente. Elaborar a documentación necesaria para a fabricación e montaxe dos sistemas do buque.
  • Planificar a montaxe, probas e protocolos de instalacións a partir da documentación técnica ou características da obra.
  • Determinar as unidades de obra, tendo en contas os seus tipos e realizando medicións instalacións a partir das medicións realizadas e aplicando os custos asociados ás unidades de obra.
  • Elaborar o programa de operacións de mantemento a partir da normativa e recomendacións dos fabricantes.
  • Elaborar a documentación técnica e administrativa cumprindo coa regulamentación vixente, coas especificacións de montaxe, protocolo de probas, manual de instrucións de servizo e mantemento.


Saídas profesionais:

Este profesional desenvolve a súa actividade nas industrias de montaxe e mantemento de instalacións térmicas e de fluídos relacionadas cos subsectores de climatización (calefacción, refrixeración e ventilación) e produción de auga quente sanitaria no sector industrial e no sector de edificación e obra civil.

Cales son as empresas nas que podo cursar esta FP Dual?

CT Enxeñeiros é unha empresa de enxeñería, líder en innovación tecnolóxica. Pertence a The CT Engineering Group, grupo de enxeñería internacional con base principalmente en Europa y más de 30 años de experiencia. Sus más de 1.700 ingenieros permiten a CT ser provedor das principais compañías industriais nos sectores naval, de plantas industriais, aeronáutico, da automoción, ferroviario, ingeniería eléctrica, de enerxías renovables, y arquitectura.