Free HTML5 Bootstrap

CS Deseño en fabricación Mecánica

Trátase dun ciclo pensado para preparar aos futuros técnicos de Proxectos de Deseño e Fabricación Industrial no ámbito dos sectores metal-mecánico. Oriéntase, por tanto a persoas, con funcións en deseño do produto e fabricación, que poidan aumentar as súas capacidades e asumir máis responsabilidades para integrarse e poder liderar equipos de proxectos de manufactura de produtos ou compoñentes mecánicos. A especialización céntrase en técnicas avanzadas de deseño na enxeñería e tecnoloxías de fabricación xunto a ferramentas asociadas á súa integración e xestión.

Plan formativo:

  • Representación gráfica en fabricación mecánica.
  • Deseño de produtos mecánicos.
  • Deseño de moldes e modelos de fundición.
  • Técnicas de fabricación mecánica.
  • Deseño de utensilios de procesamento de chapa e estampación.
  • Deseño de moldes para produtos poliméricos.
  • Automatización da fabricación.
  • Proxecto de deseño de produtos mecánicos
  • Formación e orientación laboral.
  • Empresa e iniciativa emprendedora.

Que vou aprender a facer:

  • Deseñar produtos de fabricación mecánica, útiles de procesado de chapa, moldes e modelos para polímeros, fundición, forxa, estampaxe ou pulvimetalurgia, asegurando a calidade, e cumprindo a normativa de prevención de riscos laborais e de protección ambienta.
  • Idear solucións construtivas de produtos de fabricación mecánica realizando os cálculos necesariospara o seu dimensionado, establecendo os plans de proba.
  • Elaborar, organizar e manter actualizada a documentación técnica necesaria para a fabricación dos produtos deseñados.
  • Seleccionar os compoñentes e materiais en función dos requirimentos de fabricación. Definir a automatización da solución exposta.
  • Debuxar os planos de conxunto e de fabricación segundo as normas de debuxo industrial utilizando equipos e software de CAD.
  • Optimizar o deseño dos moldes realizando a simulación do proceso de enchido e arrefriado dos mesmos para garantir a calidade dos productos moldeados, a optimización do tempo do proceso e os recursos enerxéticos utilizados.


Saídas profesionais:

  • Delineante proyectista.
  • Técnica / técnico en CAD.
  • Técnica / técnico en desenvolvemento de produtos.
  • Técnica / técnico en desenvolvemento de matrices.
  • Técnica / técnico en desenvolvemento de utillajes.
  • Técnica / técnico en desenvolvemento de moldes.
  • Técnica / técnico de desenvolvemento de produtos e moldes

Cales son as empresas nas que podo cursar esta FP Dual?

Na actualidade, poderás cursar este ciclo con:

  • NAVANTIA empresa española referente no deseño e a construción de buques militares e buques civís de alta tecnoloxía.