A Mecatrónica é unha disciplina que integra capacidades da enxeñería mecánica, electrónica, control e automática, e informática, co fin de deseñar, desenvolver, poñer en marcha e optimizar sistemas que operen en condicións de alta dinámica e elevada precisión, con gran saída laboral.
Este profesional exerce a súa actividade profesional en empresas dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, á xestión e supervisión da montaxe e mantemento de sistemas mecatrónicos ou instalacións de maquinaria, equipo industrial e liñas automatizadas ben por conta propia ou allea.
Na actualidade, poderás cursar este ciclo con TECNORENOVA, unha das empresas de referencia no sector eólico, tanto nacional como internacional. 12 prazas.
Tamén se está a cursar con NAVANTIA, empresa española referente no deseño e a construción de buques militares e buques civís de alta tecnoloxía. (con links en su nombre a la web de la empresa). No Curso 2019-2020 non se ofertará 1º.