As enerxías renovables xa non son o futuro: son o presente. Estas fontes de enerxía limpa e inesgotables son as únicas que nos permitirán ser independentes de recursos como o carbón ou o petróleo que, co paso do tempo, acabarán por terminarse. Ademais, non producen gases de efecto invernadoiro causantes do cambio climático. Contámosche como formamos aos técnicos nesta área.
Os módulos profesionais deste ciclo formativo son os seguintes:
Este profesional exerce a súa actividade en empresas dedicadas a realizar a promoción, a montaxe, a explotación e o mantemento de instalacións de enerxías eólicas e solares fotovoltaicas para a produción de enerxía eléctrica e en empresas relacionadas coa xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica, ou que posúan instalacións de alta tensión, así como en empresas industriais que realicen traballos de montaxe e mantemento de subestacións eléctricas.
Na actualidade, poderás cursar este ciclo con TECNORENOVA, unha das empresas de referencia no sector eólico, tanto nacional como internacional. 12 prazas.