Free HTML5 Bootstrap

CS mantemento electrónico

Estes técnicos son expertos no mantemento e reparación de equipos e sistemas electrónicos, utilizando as técnicas necesarias para a súa posta a punto e controlando a súa calidade e funcionalidade. Prepara aos estudantes para manter e reparar equipos e sistemas electrónicos, profesionais, industriais e de consumo.

Plan formativo:

  • Circuitos electrónicos analóxicos.
  • Equipamentos microprogramables.
  • Mantemento de equipamentos de electrónica industrial.
  • Técnicas e procesos de montaxe e mantemento de equipamentos electrónicos.
  • Mantemento de equipamentos de radiocomunicacións.
  • Mantemento de equipamentos de voz e datos.
  • Mantemento de equipamentos de audio.
  • Mantemento de equipamentos de vídeo.
  • Infraestruturas e desenvolvemento do mantemento electrónico.
  • Proxecto de mantemento electrónico.
  • Formación e orientación laboral.

Que vou aprender a facer:

  • Realizar o estudo, a definición, a concepción e o desenvolvemento de pequenas tarxetas e equipos electrónicos.
  • Organizar, xestionar e controlar a fabricación e a posta a punto dos prototipos electrónicos.
  • Manter os equipos electrónicos profesionais, utilizando os medios e técnicas de mantemento adecuados e dando o apoio e o asesoramento necesarios aos técnicos que o pidan.


Saídas profesionais:

Técnico en definición, análise e desenvolvemento de produtos electrónicos; proyectista electrónico; técnico en prototipos electrónicos; técnico de soporte en produción electrónica; técnico en control de calidade de produtos electrónicos; técnico de soporte e laboratorio para o mantemento de equipos electrónicos industriais.

Cales son as empresas nas que podo cursar esta FP Dual?

E&C é un proveedor de solucións de electrónica industrial para diferentes sectores (eólico, solar fotovoltaico, naval, etc) abarcando todo o ciclo de vida do producto (deseño, industrialización, fabricación e servicio postventa). 12 prazas.